Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

LIBERDADE E BEM ESTAR

LIBERDADE E BEM ESTAR

Secção de autoemprego da CNT-Madrid

23.06.08, uon

paro transporteO pasado venres, 13 de Xuño, a Secretaria de Acción Sindical do Comité Rexional Centro publicou un texto titulado “Reflexións sobre o paro do Transporte”. O texto proporciona unha interpretación en clave anarcosindical do paro patronal convocado por várias asociacións de empresári@s. Apoiando-nos nas reflexións da Secretaria de Acción Sindical do CRC, que compartimos, queremos engadir un par de dados e reflexións.

Segundo os meios de comunicación burgueses, Julio Cervilla Sojo, o camioneiro atropelado e morto nun piquete en Granada, era “asalariado dun autónomo”, é dicer, dun patrón, dun explotador. Porque asalariado só se pode ser dun explotador do traballo alleo, con independéncia do réxime de cotización à Seguridade Social en que se adscriba o explotador. Está por se facer a estatística de cant@s camioneir@s inconscientes estiveron desperdigad@s polas estradas da rexión española facendo o traballo suxo ao seu xefe cunha faixa. Nesta modalidade delirante de peche patronal @s asalariad@s non só fican sen traballo e sen soldo senon que, ademáis, durante o tempo que dura o paro forzoso, van a partir-se o peito nun piquete para reivindicar que o Estado aumente a marxe de benefícios ao seu patrón. Mentres, as mesmas patronais que convocan os paros presentan, no seu prego de queixas à opinión pública, o custo dos salários como unha das partidas que máis os asfixian económicamente despois do custe do gasoil.

A Secretaría de Acción Sindical do CRC fai unha análise que tamén compartimos sobre o interese do Capital en fomentar certa clase de auto-emprego. En sectores estratéxicos, como é o caso do Transporte, desarman-se dun plumazo a plantillas sindicadas e altamente reivindicativas co simples procedimento de converter @s traballador@s en autónom@s. En Madrid, temos o exemplo de Seur. @s que aceitaron rescindir os seus contratos laborais e asinar contratos mercantís con Seur convirteron-se da noite para a mañá en esquirois, reventando a folga d@s que se negaban a asinar. @s asalariad@s de onte, unid@s para a defensa común dos seus intereses de clase, son @s autónom@s de hoxe, competindo entre el@s no libre mercado.

Disentimos co texto da Secretaría de Acción Sindical do CRC nunha cousa: nós non nos podemos solidarizar con “tod@s es@s autónom@s que o están a pasar mal”. Para empezar a solidarizar-nos con el@s terian que renunciar a se asociar a nengún tipo de asociación patronal, como Fedatrans ou Fenadismer (convocantes do paro), pero sobre todo terían que renunciar a explotar traballador@s no presente e no futuro.

Nós entendemos o auto-emprego como a transformación de postos de traballo asalariado en postos de traballo autoxestionados. O auto-emprego, concibido como unha actividade económica xeradora de postos de traballo autoxestionados, é unha arma de dobre fio contra o capital: instrue @s trabllador@s na xestión en común dos meios de producción, un coñecemento históricamente monopolizado polas clases privilexiadas, e pode actuar ademáis como poderoso instrumento de financiación do anarcosindicalismo. Sen esta perspectiva revolucionária e inconformista dos nosos empregos non nos diferenciaríamos moito d@s asalariad@s que se contentan co que marca a lei ou o patrón sobre as suas condicións laborais.

Cada vez somos máis @s filiad@s à CNT que traballamos pola nosa conta. Se o papel específicamente revolucionário d@ asalariad2 cenetista dentro da empresa capitalista é a difusión do anarquismo entre @s compañeir@s de traballo, o papel específicamente revolucionário d@ “autónom@” cenetista fora da empresa capitalista ben podería empezar pola difusión do anarquismo entre @s traballador@s autónom@s sen asalariad@s. A CNT terá que dirixir-se tarde ou cedo a un colectivo, o de autónom@s sen asalariad@s, que a finais de 2007 sumaba 1.779.405 cotizantes à Seguridad Social.

Un último apunte sobre o papel d@s traballador@s autónom@s na CNT: o modelo actual de “cooperativas de traballo” está tan desprovisto de intencionalidade transgresora como os formulários que dan nas xanelas das Comunidades Autónomas para inscribí-las no Rexistro. O futuro da Autoxestión pasa necesariamente pola creación de redes de producción e consumo baseadas nos princípios asembleários e federalistas do anarquismo. Esta é unha tarefa que a CNT, como organización que aspira á transformación social e económica, non pode deixar de lado. @s compañeir@s “autónom@s” da CNT temos a responsabilidade de contribuir na realización desta tarefa con toda a experiéncia adquirida no exercício da xestión do traballo.

 

Sección de Auto-emprego do SOV de CNT-Madrid