Pontevedra:CNT contra Cáritas
A CNT de Pontevedra asume coma propio o conflicto das 4 traballadoras da casa de acollida de mulleres maltratadas de Pontevedra, xestionada por Cáritas con diñeiro publico.
En febreiro enterámonos da entrega ás traballadoras dun preaviso de despido por causas obxectivas. Isto é: a casa pechaba, así que todas para á rúa cunha indemnización ridícula.
Ante isto a CNT asesorou para comezar a acción contra Cáritas e asistiu aos diferentes movementos politicos que ocorren ata o día de hoxe. Cando falamos de Cáritas neste artigo estámonos a referir especialmente ao Presidente de Cáritas Diocesana de Galicia, o señor Severino José Montes.
Queremos deixar claro o desgusto de moitos voluntarios de Cáritas por esta manobra do presidente, e os esforzos da Presidenta de Cáritas Pontevedra por conseguir manter aberta a casa.
Datos:
Cáritas xustifica a súa decisión dicindo que non ten diñeiro para costear o servizo: do custo total da casa, Cáritas cada ano abonaba menos do 10%, e a porcentaxe foi baixado ano a ano; o demais vén financiado por Deputación e Xunta.
Curiosamente nunha reunión coa Deputación esta comprometeuse a firmar un convenio mellor para manter a casa aberta, un convenio co que a achega de Cáritas á casa sería absolutamente simbolica. Por todo isto Severino minte cando declara na prensa que "se ha tomado la decisión de cerrar el piso de acogida ante la falta de la financiación necesaria por parte de las administraciones" (Faro de Vigo)
Cáritas xustifica a súa decisión en voz baixa dicindo que agora as mulleres maltratadas están moi protexidas pola lei, e que agora hai que centrarse nos inmigrantes.
Dende a CNT de Pontevedra cremos que isto non é unha casualidade, senón que estamos ante unha manobra da man da ONG, probablemente orde directa da conferencia episcopal, destinada á "Evanxelización" d@s traballador@s migrantes que chegan ao país, polo que hai que destinar diñeiro e esforzos.
Cáritas é unha ONG vencellada estreitamente á igrexa Católica.
A dirección dos seus centros é levada por voluntarios, sendo os presidentes electos entre eses voluntarios. Cáritas ten arredor de 4.500 traballador@s, profesionais da intervención social: traballadoras sociais, psicólogas, educadoras, avogadas... O mellor que lle pode pasar aos traballador@s de Cáritas é atoparse cun presidente que lles deixe facer o seu traballo, e se aínda por riba este presidente deixa as decisións nas mans dos profesionais, a sorte do traballador e dupla. Parece que Severino José Montes non é deste estilo.
Cáritas leva servizos como a casa de mulleres maltratadas de Pontevedra financiada nun 90% por diñeiro público.
Por que as administracións non asumen este servizo e o subcontratan a unha ONG?
Señor Montes, que pasa coas mulleres e os seus fillos que permanecen na casa sen o servizo de asistentes e psicólogas?
Señor Montes, Señor arzobispo de Compostela, non era mentir pecado?
Agora Cáritas vai ter que gastar unha cantidade de diñeiro cercana ao presuposto anual de Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas en indemnizar ás traballadoras despedidas.
Ten isto algún sentido?