Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

LIBERDADE E BEM ESTAR

LIBERDADE E BEM ESTAR

Pontevreda:CNT contra touradas

29.07.09, uon

O S.OO.VV. de Pontevedra da CNT apoia os actos convocados nos vindeiros días en contra do festexos taurinos que se celebrarán na vila.

 

Consideramos o maltrato animal unha barbarie impropia dunha sociedade civilizada. Os desgarros, mutilacións e acoso sofrido antes e durante o evento polos touros e cabalos non ten razón de ser.

Apoiamos a reconversión da praza de touros nun coliseo público para actos culturais, o que conlevaría unha maior creación de postos de traballo, tanto a nivel local como global, ademais de teren unha viabilidade ética.

Esiximos o cese das axudas públicas ás empresas privadas, en mans de terratenentes, aristócratas e empresarios estafadores, que desvían as axudas da unión Europea, do Estado e da Deputación de Pontevedra cara a intereses propios.

Solicitamos ao Concello de Pontevedra que declare a vila como Cidade Antitouradas e Amiga dos Animais, así como que se retiren os festexos taurinos da programación oficial das festas da Peregrina, e que impida o uso de lugares públicos para a publicidade de eventos destas características.

Instamos á Xunta de Galiza, nomeadamente á Consellaría de Medio Ambiente, á creación dunha Lei de Protección Animal, que prohíba os espectáculos con maltrato animal: circos, touradas, pelexas ou carreiras.

Animamos á sociedade pontevedresa a participar por activa e por pasiva contra estes festexos, acodindo á manifestación convocada o sábado 1 de agosto ás 7 da tarde na praza da Peregrina, pero tamén animándoa a non comprar carne de touro nos días posteriores, e a non participar no fenómeno social das Peñas.