Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

LIBERDADE E BEM ESTAR

LIBERDADE E BEM ESTAR

Compostela:Pinêiro paga o que debes

25.09.10, uon

concentraciónOs venres na hora do xantar é o momento que os operários do polígono do Milladoiro aproveitan para desfrutar do polbo e o churrasco que ofrece a carpa disposta para tal fin todos os venres do ano a esta hora. Até alá nos pesprazamos un piquete de cenetistas para lle explicar aos traballadores e traballadoras do polígono as prácticas explotadoras que Antonio Piñeiro, dono de Opportunity Contokes, emprega cos seus operários, e para lles pedir a sua solidariedade ante o conflito que a CNT mantén con este empresário.

Seguidamente, após a boa acollida que recebemos na carpa, rematamos cunha pequena concentración ante a porta do estabelecimento, no que se agochaba Antonio Piñeiro, ao que xa lle vai quedando claro que a mellor opción que ten é pagar-lle à compañeira os case 16.000 euros que lle debe, e non ofertar 700 euros para rematar con este conflito.

OPPORTUNITY CONTOKES
Empresa de venda de electrodomésticos, presente en distintos lugares da Galiza (Milladoiro, Vigo e Arteixo), empresa rexida polo empresário Antonio Piñeiro Díaz
EXPLOTA
Antonio Piñeiro Díaz obrigaba á sua traballadora da tenda do Milladoiro a realizar várias horas extras todos os dias durante cinco anos, mentres a tiña contratada por unha categoria inferior à que lle correspondia por convénio, tendo sido estas duas circunstáncias recoñecidas pola Inspeción de Traballo.
DESPIDE
Antonio Piñeiro Díaz, despois de mais de cinco anos de servizo, despide á sua traballadora desta tenda do Milladoiro cando o sindicato CNT lle reclama o pago das débedas por hora extras e polas diferéncias salariais de categoria, ambas recoñecidas pola Inspeción de Traballo, sendo este un claro xesto de represión sindical por parte de Antonio Piñeiro Díaz.
E NON PAGA
Non contento con despedí-la, Antonio Piñeiro Díaz non lle paga á sua traballadora nen a indemnización polo despido, nen por suposto as diferéncias saláriais por categoria nen as horas extras.
Desde a CNT reclamamos o pago do total da débeda que o empresário explotador Antonio Piñeiro Díaz mantén coa nosa afiliada.
ANTONIO PIÑEIRO PAGA O QUE DEBES