Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

LIBERDADE E BEM ESTAR

LIBERDADE E BEM ESTAR

Compostela:empresário pagou o que devia

26.10.10, uon

Antonio Piñeiro, empresário galego, pagou o que devia

E iso que non queria e que dicia que non tiña cartos.

Antonio Piñeiro é un típico empresário galego. Xunta uns cartos, monta un negócio (a sua empresa Opportunity Contokes dedica-se a vender electrodomésticos con taras), expande-o (de unha tenda a catro na Galiza e outra en Portugal), comeza a gañar cartos a esgalla e dedica-se à vida de novo rico ruín: compra un Mercedes ben grande para pasear o seu porte de empresário. Como sua muller non vai ser menos, compra-lle o mesmo modelo. Vai viver a un chalecito de muito luxo nas aforas. Enche o corpo de xoias horteras. Xa non usa carteira, que cousa mais vulgar, e comeza a gardar as tarxetas, o carné e as fotos dos seus seres queridos (os dous cochazos) entre os billetes de voluminosos feixes de cartos.

E que hai detrás deste tren de vida? Pois unicamente a explotación laboral dos seus empregados, como lle pasou a nosa compañeira LC, traballadora dunha tenda de Opportunity en Milladoiro. Despois de anos cobrando por debaixo da sua categoria, de facer horas extras a diário, LC conseguiu o recoñecemento destas duas situacións. Pero, cando chegou o tempo de lle pagar, Antonio Piñeiro non tivo mellor idea que despedí-la, adebedando-lle a cantidade de 16.400 euros. O que non sabia Antonio é que daba coa CNT.

Así, por non saber como traballa a CNT, atreveu-se a ofrecer apenas 700 euros. Logo de ver como é a acción directa da CNT, acabou tendo que recuar e en apenas un mes e sen necesidade de acudir aos tribunais, asinou-se un acordo de pago das cantidades adebedadas. Antonio Piñeiro é outro empresário que xa coñeceu o efectivo traballo sindical da CNT. Sabemos que ainda quedan muitos novos ricos explotando impunemente. Desde estas páxinas ofrecemos a todos os traballadores e traballadoras a forma de se enfrentar a estes abusos: o apoio mútuo, a solidariedade e a acción directa dun sindicato como a CNT.